Esta web utiliza cookies, podes ver a nosta política de cookies aquí. Se continuas a navegar estás aceptandoa.

Política+ de cookies

Creatividade audiovisual en medios dixitais ou impresos




Servizos

Imaxe en movemento

Corporativo
Producto/Servizo
Videoflyer/Spot
Cabeceiras/Créditos

Todos os proxectos de vídeo son rexistrados e procesados en formato 4K como estándar. Captamos audio profesional en estudio, gravación directa ou locucións en distintos idiomas. Tamén encargámonos da captación de imaxes aéreas con pilotos de drone profesionais de RPAS con ampla experiencia.

Imaxe fixa

Making of
Collage/Montaxes
Ilustración
Técnicas mixtas

Elaboramos imaxes para proxectos dixitalmente, mediante métodos tradicionais de creación ou un compendio de ambas.

Contamos tamén cun servizo de fotografía corporativa e publicitaria en 4K para eventos, web, establecementos... E incluso tamén traballamos con fotografía analóxica e procesos alternativos.

Deseño gráfico

Cartelería/Trípticos
Infografía
Maquetación
Publicacións

O servizo de deseño gráfico abarca proxectos de maquetado para publicacións online e físicas, preparación de gráficas para impresión de publicidade (pequeno ou grandes formatos) e mesmo a creación da identidade de marca do teu negocio (logotipos, gráfica, foto de producto, infografías, publicacións)

por que contratar os nosos servizos?

12 ANOS DE EXPERIENCIA

Vídeo & Fotografía

Traballamos de modo freelance dende 2009, e compartimos batalla con productoras galegas coas que participamos en rodaxes, escrita de guións para publicidade, gravación de documentais, proxeccións en festivais de cine...

Ademáis, traballamos en remoto dende o ano 2012!

OLLO POLO DETALLE

Edición de vídeoReducir as mensaxes á súa esencia na celeridade destes tempos é un reto que nos encata asumir. O formato curto das producións para spots corporativos ou redes sociais é un dos nosos puntos fortes. No caso de proxectos de corte documental ou artístico con tempos máis dilatados, o noso servizo de edición de vídeo profesional saberá aproveitar o potencial da túa mensaxe audiovisual.

ESTUDOS EN BELAS ARTES

Artes visuais & Deseño

Cunha perspectiva global das artes, a dirección creativa das producións audiovisuais vese potenciada. A práctica activa e os coñecementos de disciplinas coma a ilustración, pintura ou escultura, favorecen a posta en escea, as temáticas e a proposta de ideas dos proxectos audiovisuais.

Somos especialmente útiles en proxectos de corte artística

VERSATILIDADE

Cada proxecto é único e require da disciplina que mellor o represente.

PRAZOS DE EXECUCIÓN

Datas realistas e satisfactorias para ambas partes

ENTREGA SINXELA

Por motivos de efectividade case sempre realízase a través de Internet.

EQUIPO PROFESIONAL DE IMAXE E SON
Disciplina VÍDEO | FOTOGRAFÍA

Os equipos cos que contamos para a captura de imaxe fixa e en movemento axústanse ao estandar do mercado, sendo o 4K o formato de gravación utilizado por defecto, aínda que ofrecemos formatos inferiores segundo necesidades. As cámaras que utilizamos ofrecen un look cinematográfico que permite a captación de ata 14 pasos de rango dinámico e slow-motion (cámara lenta). Además, xunto cos accesorios de iluminación e gadgets de rodaxe cos que contamos, a imaxe da produción rematará coa calidade que merece. Así mesmo, o rexistro tanto de son directo (ambiente ou gravación de voz) coma de locucións e música en estudio, realízase con equipamento de alta calidade e servizos de edición e postprodución.

Maís info | Cámara Son Drone
Motion Graphics
ANIMACIÓN DE VÍDEO
Disciplina VÍDEO | ANIMACIÓN

Os gráficos animados ou motion graphics son unha alternativa que conxuga o mellor do vídeo e o mellor da imaxe fixa, a través de animacións en entorno 2D. Poden ser aplicables a unha grande cantidade de proxectos, dende os formatos máis curtos ata pezas de maior duración e complexidade.
Proyectos integrales
PROXECTOS INTEGRAIS
Disciplina VÍDEO | FOTOGRAFÍA | DESEÑO

Realizamos dende os bosquexos de imaxe de marca ata a impresión de cartelería, spots promocionais, cabeceiras en vídeo, lonas publicitarias, materiais gráficos para web... É dicir, creamos a liña e coherencia visuais íntegras do teu negocio.

Non quedes con dúbidas